PROXECTO PARA A NOSA RADIO ESCOLAR

https://issuu.com/carmen165/docs/guia_did_ctica_esr_2019-2020__1_

TAMÉN HOUBO RADIO NO CONFINAMENTO

Contamos con alumnado, como Xaquín, Alba, Iria e Cecilia de 5º A,  que pese a estar confinado, tivo a motivación e interese para crear un podcast sobre unha banda de música feminina e  presentalo aos Premios Martín Códax, organizado por Músicas ao Vivo e Radio Espora. 
Primeiro había que seleccionar a banda feminina para pór en valor ás mulleres na música galega, e decidíronse por A banda da loba




Comprobaron que era un grupo moi activo nas redes sociais, así que contactaron con elas para coñecelas un pouco mellor. Tiveron que acordar un guion, e cada quen, na súa casa, gravou a súa parte. E aquí está o resultado:

ESTAMOS CONTRA O MACHISMO

A nosa biblioteca promoveu actividades en colaboración con AGARESO, asociación que xuntamente coa ANPA, desenvolveu no noso centro o programa "Cambiemos a narrativa", cun triple obxectivo: 

- Fomentar a participación social das ANPAS e o alumnado
- Xerar conciencia crítica sobre as causas da desigualdade de xénero e a violencia machista
- Empoderar ao alumnado a través do manexo e bo uso das tecnoloxías da comunicación.




Unha das propostas foi desenvolver unha Onda Feminista. Con dúas sesión de radio para alumnado de 100 minutos cada unha, reflexionouse sobre a linguaxe que utilizamos, a música que escoitamos, as mensaxes que emitimos... E como arte práctica, houbo elaboración de cuñas publicitarias, que logo serían emitidas en radios locais.



Aquí están os exemplos:

O CLIMA E A CELEBRACIÓN DA COP 25.



Aproveitando a grande cobertura da COP 25, a Cumbre polo Clima en Madrid , traballouse a comprensión do  que estaba pasando en Madrid. Utilizáronse distintas novas que apareceron eses días na prensa, e houbo que lelas en profundidade para comprender. Despois escribiron os seus guions. A idea de partida era que simularan ser reporteiros e reporteiras informando en directo dende a COP 25 de Madrid. E conseguírono!!






MULLERES QUE ME INSPIRAN



Unha das tarefas deste obradoiro foi como elaborar un guion radiofónico. A escaleta, a introdución, os cortes, a selección da música...Todo ten que estar perfectamente organizado para dar a coñecer a vida e a obra de Clara Campoamor, Malala Yousafzai, Marie Curie e Rosa Parks.

ENQUISA: SON AS PRINCESAS DISNEY MACHISTAS?



Para realizar este programa, primeiramente analizaron os estereotipos que no mundo de Disney aparecen, tanto mediante postas en común coas conseguintes actividades de reflexión, como coa análise do vídeo Machismo y sexismo en Disney. Posteriormente, traballaron  a técnica da entrevista, prepararon o cuestionario, organizaron a información e extraeron unhas conclusións.




Velaquí a súa produción.

OBRADOIRO DE RADIO POLAS TARDES NO LÓPEZ FERREIRO

Un curso máis o Obradoiro de radio fóra do horario lectivo, contou coa colaboración de Agareso e de Rocío. Coma en convocatorias anteriores, centráronse en aspectos solidarios para tratar contidos no seu programa Onda solidaria.

Nesta ocasión, dezasete nenas e nenos que conformaron o grupo de radio, centráronse nun conto tradicional e cambiárono desde unha perspectiva de xénero.

Un exemplo de que a educación tamén pode ser transformadora: