TAMÉN HOUBO RADIO NO CONFINAMENTO
Contamos
con alumnado, como Xaquín, Alba, Iria e Cecilia de 5º A, que pese a
estar confinado, tivo a motivación e interese para crear un podcast
sobre unha banda de música feminina e presentalo aos Premios Martín
Códax, organizado por Músicas ao Vivo e Radio Espora.
Primeiro había que seleccionar a banda feminina para pór en valor ás mulleres na música galega, e decidíronse por A banda da loba.
Comprobaron
que era un grupo moi activo nas redes sociais, así que contactaron con
elas para coñecelas un pouco mellor. Tiveron que acordar un guion, e
cada quen, na súa casa, gravou a súa parte. E aquí está o resultado:
ESTAMOS CONTRA O MACHISMO
A
nosa biblioteca promoveu actividades en colaboración con AGARESO,
asociación que xuntamente coa ANPA, desenvolveu no noso centro o
programa "Cambiemos a narrativa", cun triple obxectivo:
- Fomentar a participación social das ANPAS e o alumnado
- Xerar conciencia crítica sobre as causas da desigualdade de xénero e a violencia machista
Unha das propostas foi desenvolver unha Onda Feminista. Con dúas
sesión de radio para alumnado de 100 minutos cada unha, reflexionouse
sobre a linguaxe que utilizamos, a música que escoitamos, as mensaxes
que emitimos... E como arte práctica, houbo elaboración de cuñas
publicitarias, que logo serían emitidas en radios locais.
Aquí están os exemplos:
O CLIMA E A CELEBRACIÓN DA COP 25.
Aproveitando a grande cobertura da COP 25, a Cumbre polo Clima en Madrid , traballouse a comprensión do que estaba pasando en Madrid. Utilizáronse distintas novas que apareceron eses días na prensa, e houbo que lelas en profundidade para comprender. Despois escribiron os seus guions. A idea de partida era que simularan ser reporteiros e reporteiras informando en directo dende a COP 25 de Madrid. E conseguírono!!
ENQUISA: SON AS PRINCESAS DISNEY MACHISTAS?
Para realizar este programa, primeiramente analizaron os estereotipos que no mundo de Disney aparecen, tanto mediante postas en común coas conseguintes actividades de reflexión, como coa análise do vídeo Machismo y sexismo en Disney. Posteriormente, traballaron a técnica da entrevista, prepararon o cuestionario, organizaron a información e extraeron unhas conclusións.
Velaquí a súa produción.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)