AS MULLERES NAS LETRAS GALEGAS (MULLERES QUE ME INSPIRAN II)
Rosalía de Castro abriu o camiño, pero en moi poucas ocasións as escritoras galegas foron seleccionadas para celebrar o Día das nosas letras.
VOCES FEMININAS (MULLERES QUE ME INSPIRAN II)
O alumnado de 6º de educación infantil amósanos o porqué da celebración do 8M, que significa unha manifestación e por que hai que seguir loitando pola causa feminista.
Para iso, contactaron con mulleres da nosa música actual, e velaquí está o resultado.
ABANO SONORO DO LÓPEZ FERREIRO.
A aula Coralia, xunto coas familias de 5º de educación infantil, recolleron ao longo do curso diferentes mostras musicais da nosa tradición, que agora nos presentan para que poidamos escoitalas.
OBRADOIRO DE RADIO DO ALUMNADO DE 6º
As nenas e nenos de 6º de educación primaria do CEIP López Ferreiro, participaron nun obradoiro de radio promocionado desde a biblioteca escolar do centro.
Isto foi posible grazas á colaboración que desde hai anos a biblioteca de Lulu mantén con organizacións como a Asamblea Galega de Cooperación pola Paz ou AGARESO (Asociación galega de reporteiros solidarios), e mesmo coa Universidade de Vigo, xa que unha das súas profesoras, Lourdes Maceiras, ofrecéranos unha charla sobre Isabel Zendal e as vacinas.
En dúas sesións de 100 min para cada grupo, provocouse unha reflexión sobre a "brecha de soños" entre as nenas e os nenos, ao tempo que escribían pequenas entrevistas. Posteriormente, elaboraron reportaxes sobre Isabel Zendal, unha muller galega que co seu esforzo e traballo contribuiu a erradicar unha das pandemias máis mortíferas da historia: a variola.
.
CARMEN, UNHA MULLER ANÓNIMA QUE REPRESENTA OS LABORES DO SILENCIO EN COMPOSTELA.
O curso pasado, todo o centro traballou nun proxecto documental que pretendía recoñecer, visibilizar e dar voz á xente que ao longo dos séculos, co seu esforzo e traballo, deu vida á cidade de Santiago de Compostela.
OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA: MULLERES QUE ME INSPIRAN II
Neste curso tan especial, as diferentes actividades colaborativas da biblioteca tiveron que reaxustarse á situación pandémica e aos protocolos necesarios para frear a súa expansión.
Deste xeito, o Equipo de dinamización da biblioteca do López Ferreiro, propuxo que o alumnado de 4º participara nun obradoiro online de formación de radio con Charo Pita.
Vinte e cinco nenas e nenos iniciáronse nalgunhas técnicas sobre como redactar un guion radiofónico; practicaron técnicas de locución e, sobre todo, descubriron e valoraron a vida dunhas mulleres intrépidas que logo plasmaron en sinxelas presentacións.
Velaquí están as súas producións.
LULU NAS ONDAS SÚMASE AO 25 N
A nosa radio naceu cunha perspectiva solidaria. Este curso, no que nos foi concedida a participación no programa Radio na biblio da Consellería de Educación, non podiamos deixar de lado o noso compromiso por defender a igualdade entre as nenas e os nenos.
Para iso, o alumnado de sexto, participou na actividade "Cambiemos a narrativa" subvencionada pola ANPA do CEIP López Ferreiro, e dirixida por AGARESO. Analizouse a linguaxe estereotipada e sexista que se emprega nos medios de comunicación; deseñouse contrapublicidade a partires das imaxes que nos rodean; e finalmente, as nenas e eos nenos crearon as súas cuñas publicitarias comprometidas coa igualdade de xénero. Poderán escoitarse o 24 e mais o 25 de novembro na Cadena SER.
Velaquí as súas producións: