O alumnado de sexto resultou gañador do Concurso de Proxectos de intercambios entre concellos de Galicia e Portugal_Eixo Atlántico.
E grazas a Lulu nas Ondas, gravouse unha entrevista con Isabel Morán profesora da USC de lingua e literatura portuguesas, a partires da cal derivaron o resto das actividades.
Queredes saber por que nos separamos Galiza e Portugal cando fomos durante séculos un mesmo territorio? Escoitade a entrevista...
E como queriamos programar os robots co programa segueliñas para percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro, tiñamos que saber algo máis sobre esta rota cultural...Desde cando se percorreu? Quedan restos que nos falan dun pasado histórico?
Escoitade a entrevista a Lourdes Maceiras, profesora da Universidade de Vigo, difusora e divulgadora deste Camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario