As nenas e os nenos de 6º aprenderon a medir poesía e a identificar os tipos de rimas coas adiviñas da nosa tradición.
Logo, decidiron gravalas para que vós tamén as coñezades mediante un concurso. Entregaranvos as normas para participar en formato papel, así como algunhas pistas para que vos sexa máis doado atopar a solución.
Ah! E tamén lles gustaría que lles escribirades abaixo as vosas impresións. Moita sorte!
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas presentou catro programas en catro cidades do Camiño de Santiago para recoller o patrimonio inmaterial que tamén se xerou aos albores das rutas xacobeas.
Despois de Cea, Tui e Sarria, o alumnado de 6º do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, puxo o punto final con diversas entrevistas a membros da vida cultural, social e da política galegas.
O proxecto formou parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e promoveu a aprobación de Ponte nas Ondas no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco.
Premendo na imaxe, pódese ver a gravación do programa realizado no auditorio do Pazo de Fonseca da nosa cidade.
O alumnado de 3º de primaria, do CEIP López Ferreiro, celebrou o Día do Teatro cun obradoiro de teatro lido dirixido por Charo Pita.
Velaquí están as súas producións, baseadas na tradición oral.
O trío musical do momento estivo no López Ferreiro co alumnado de 4º.
Amosáronnos como identificar os ritmos galegos, e tamén o orgullo de conservar a nosa lingua e a nosa cultura por medio dunha entrevista realizada polo alumnado de 4ºA