O ALUMNADO DO LÓPEZ FERREIRO, XORNALISTA CON PONTE NAS ONDAS

 A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas presentou catro programas en catro cidades do Camiño de Santiago para recoller o patrimonio inmaterial que tamén se xerou aos albores das rutas xacobeas. Despois de Cea, Tui e Sarria, o alumnado de 6º do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, puxo o punto final con diversas entrevistas a membros da vida cultural, social e da política galegas. 

 O proxecto formou parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e promoveu a aprobación de Ponte nas Ondas no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco.

Premendo na imaxe, pódese ver a gravación do programa realizado no auditorio do Pazo de Fonseca da nosa cidade.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario