As nenas e os nenos de 6º aprenderon a medir poesía e a identificar os tipos de rimas coas adiviñas da nosa tradición.
Logo, decidiron gravalas para que vós tamén as coñezades mediante un concurso. Entregaranvos as normas para participar en formato papel, así como algunhas pistas para que vos sexa máis doado atopar a solución.
Ah! E tamén lles gustaría que lles escribirades abaixo as vosas impresións. Moita sorte!
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas presentou catro programas en catro cidades do Camiño de Santiago para recoller o patrimonio inmaterial que tamén se xerou aos albores das rutas xacobeas.
Despois de Cea, Tui e Sarria, o alumnado de 6º do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, puxo o punto final con diversas entrevistas a membros da vida cultural, social e da política galegas.
O proxecto formou parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e promoveu a aprobación de Ponte nas Ondas no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco.
Premendo na imaxe, pódese ver a gravación do programa realizado no auditorio do Pazo de Fonseca da nosa cidade.