CHEGAR E ENCHER
Este ano o proxecto documental integrado do centro foi a alimentación saúdable. Irene Mirás, nutriciosnista, visitou o noso centro para impartir uns obradoiros en tódolos niveis educativos. O alumnado de 3º e 4º de educación primaria fíxolle unha entrevista.
GRUPO SOLIDARIO: A CAIXA DE BOTÓNS
Os alumnos e as alumnas do grupo solidario traballaron ao longo do curso sobre temas relacionados coa solidariedade: igualdade e respecto, diversidade, xenerosidade e empatía.
As primeiras reunións adicáronse á formación sobre estes temas, facendo especial fincapé nas desigualdades entre os países do norte e os do sur, e a invisibilidade de algunhas persoas ou colectivos cando non son tratados coa dignidade que merecen.
O traballo en equipo foi fundamental e concretouse en dúas pequenas obras de teatro que foron representadas para o alumnado de infantil: “Nuba e as súas amigas” e “O patio do colexio”.
E tamén gravaron un podcast titulado “A Caixa de botóns” no que se fala de que ser xenerosos e xenerosas e aceptar que todos e todas somos igual de importantes e do papel esencial de cada persoa para construír unha sociedade igualitaria.
Helena Villar e Encarna Otero
Nas aulas de Infantil do CEIP López Ferreiro, achegámonos á mestra e escritora Helena Villar Janeiro e reflexionamos sobre como a escrita nos permite expresar os nosos sentimentos e pensamentos, e que a beleza da palabra escrita nos inspira para ler e escribir.
Tamén coñecemos a Encarna Otero, historiadora, activista social, política e feminista.
Ambas defenden a igualdade das mulleres, o valor das nosas tradicións e a importancia da nosa lingua para a nosa identidade e cultura.
E os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria puxeron o seu grao de area gravando uns podcasts sobre estas dúas mulleres, exemplos de servizo á comunidade e de traballo polo ben común, imprescindibles para a historia de Santiago e de Galiza.
FAI UN TRATO CO GALEGO NA RADIO
O equipo de dinamización da lingua galega gravou dous podcasts.
O primeiro, sobre as cantareiras, ás que se lle adicou sobre o día das Letras Galegas.
O segundo sobre os artistas que, este ano, fixeron unha visita ao CEIP López Ferreiro.
OBRADOIRO RADIO
Radio convive é un Obradoiro de radio de 100 minutos impartido pola ONGD AGARESO para fomentar a convivencia e frear o discurso de odio racista e xenófobo nos centros educativos, fomentando unha mirada positiva cara a diversidade a través de xogos e dinámicas participativas.
O alumnado achegarase ao mundo radiofónico, coñecerá os principais elementos da súa linguaxe e iniciarase cunha práctica radiofónica onde entrevistarán a varios compañeiros e compañeiras para coñecelos mellor. A idea de fondo é que todos somos diversos ( temos distintas familias, distintos gustos, distintos corpos, distintos soños…) e esta diversidade enriquécenos.
XEOGRAFÍA MÁXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA
Deixamos para o último podcast de Ondas Creativas II un episodio especial dedicado á xeografía...Pero con explicacións máxicas!!
Charo Pita inspirounos para que coñeceramos a orixe dos Pireneos, das Covas do Rei Cintolo, da torre de Hércules e do Estreito de Xibralar.
As nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º, puxeron estas historias en formas de guións radiofónicos.
Escoitádeas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)