GRUPO SOLIDARIO: A CAIXA DE BOTÓNS

Os alumnos e as alumnas do grupo solidario traballaron ao longo do curso sobre temas relacionados coa solidariedade: igualdade e respecto, diversidade, xenerosidade e empatía. As primeiras reunións adicáronse á formación sobre estes temas, facendo especial fincapé nas desigualdades entre os países do norte e os do sur, e a invisibilidade de algunhas persoas ou colectivos cando non son tratados coa dignidade que merecen. O traballo en equipo foi fundamental e concretouse en dúas pequenas obras de teatro que foron representadas para o alumnado de infantil: “Nuba e as súas amigas” e “O patio do colexio”. E tamén gravaron un podcast titulado “A Caixa de botóns” no que se fala de que ser xenerosos e xenerosas e aceptar que todos e todas somos igual de importantes e do papel esencial de cada persoa para construír unha sociedade igualitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario