OBRADOIRO RADIO

Radio convive é un Obradoiro de radio de 100 minutos impartido pola ONGD AGARESO para fomentar a convivencia e frear o discurso de odio racista e xenófobo nos centros educativos, fomentando unha mirada positiva cara a diversidade a través de xogos e dinámicas participativas. O alumnado achegarase ao mundo radiofónico, coñecerá os principais elementos da súa linguaxe e iniciarase cunha práctica radiofónica onde entrevistarán a varios compañeiros e compañeiras para coñecelos mellor. A idea de fondo é que todos somos diversos ( temos distintas familias, distintos gustos, distintos corpos, distintos soños…) e esta diversidade enriquécenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario