Helena Villar e Encarna Otero

Nas aulas de Infantil do CEIP López Ferreiro, achegámonos á mestra e escritora Helena Villar Janeiro e reflexionamos sobre como a escrita nos permite expresar os nosos sentimentos e pensamentos, e que a beleza da palabra escrita nos inspira para ler e escribir. Tamén coñecemos a Encarna Otero, historiadora, activista social, política e feminista. Ambas defenden a igualdade das mulleres, o valor das nosas tradicións e a importancia da nosa lingua para a nosa identidade e cultura. E os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria puxeron o seu grao de area gravando uns podcasts sobre estas dúas mulleres, exemplos de servizo á comunidade e de traballo polo ben común, imprescindibles para a historia de Santiago e de Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario