AS TANXUGUEIRAS NO LÓPEZ FERREIRO

O trío musical do momento estivo no López Ferreiro co alumnado de 4º. Amosáronnos como identificar os ritmos galegos, e tamén o orgullo de conservar a nosa lingua e a nosa cultura por medio dunha entrevista realizada polo alumnado de 4ºA




  

NOVOS EPISODIOS DE MULLERES QUE ME INSPIRAN II

 

AS MULLERES NAS LETRAS GALEGAS (MULLERES QUE ME INSPIRAN II)

 

Rosalía de Castro abriu o camiño, pero en moi poucas ocasións as escritoras galegas foron seleccionadas para celebrar o Día das nosas letras. 
 O alumnado de 1ºA, o de 3ºC, e mais o de 4ºD, preséntannos a biografía e unha pequena escolma da obra de Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno e Xela Arias.



 

VOCES FEMININAS (MULLERES QUE ME INSPIRAN II)

 

O alumnado de 6º de educación infantil amósanos o porqué da celebración do 8M, que significa unha manifestación e por que hai que seguir loitando pola causa feminista.

Para iso, contactaron con mulleres da nosa música actual, e velaquí está o resultado.             


ABANO SONORO DO LÓPEZ FERREIRO.

 

A aula Coralia, xunto coas familias de 5º de educación infantil, recolleron ao longo do curso diferentes mostras musicais da nosa tradición, que agora nos presentan para que poidamos escoitalas. 

Bravo por esta coral, que xa nos amenizou o vídeo de recomendacións lectoras do Nadal, xusto ao pé de Malvela!



 

OBRADOIRO DE RADIO DO ALUMNADO DE 6º

As nenas e nenos de 6º de educación primaria do CEIP López Ferreiro, participaron nun obradoiro de radio promocionado desde a biblioteca escolar do centro.

Isto foi posible grazas á colaboración que desde hai anos a biblioteca de Lulu mantén con organizacións como a Asamblea Galega de Cooperación pola Paz ou AGARESO (Asociación galega de reporteiros solidarios), e mesmo coa Universidade de Vigo, xa que unha das súas profesoras, Lourdes Maceiras, ofrecéranos unha charla sobre Isabel Zendal e as vacinas.

En dúas sesións de 100 min para cada grupo, provocouse unha reflexión sobre a "brecha de soños" entre as nenas e os nenos, ao tempo que escribían pequenas entrevistas. Posteriormente, elaboraron reportaxes sobre Isabel Zendal, unha muller galega que co seu esforzo e traballo contribuiu a erradicar unha das pandemias máis mortíferas da historia: a variola.


             


     

 

 


 

 











.

CARMEN, UNHA MULLER ANÓNIMA QUE REPRESENTA OS LABORES DO SILENCIO EN COMPOSTELA.

 

O curso pasado, todo o centro traballou nun proxecto documental que pretendía recoñecer, visibilizar e dar voz á xente que ao longo dos séculos, co seu esforzo e traballo, deu vida á cidade de Santiago de Compostela. 

Cristina, unha nena de 4ºA, acordouse da súa veciña Carmen, que traballara como lavandeira e redactoulle unha fermosísima composición sobre a súa vida. Este ano, realizoulle unha entrevista, pero quixo presentala acompañada das súas compañeiras Antía e Leire. 

Grazas, Carmen, por ser un exemplo de muller traballadora que xunto a outras, desde o silencio, soubestes loitar polo que hoxe somos.