Aproveitando a grande cobertura da COP 25, a Cumbre polo Clima en Madrid , traballouse a comprensión do que estaba pasando en Madrid. Utilizáronse distintas novas que apareceron eses días na prensa, e houbo que lelas en profundidade para comprender. Despois escribiron os seus guions. A idea de partida era que simularan ser reporteiros e reporteiras informando en directo dende a COP 25 de Madrid. E conseguírono!!
O CLIMA E A CELEBRACIÓN DA COP 25.

ENQUISA: SON AS PRINCESAS DISNEY MACHISTAS?
Para realizar este programa, primeiramente analizaron os estereotipos que no mundo de Disney aparecen, tanto mediante postas en común coas conseguintes actividades de reflexión, como coa análise do vídeo Machismo y sexismo en Disney. Posteriormente, traballaron a técnica da entrevista, prepararon o cuestionario, organizaron a información e extraeron unhas conclusións.
Velaquí a súa produción.
OBRADOIRO DE RADIO POLAS TARDES NO LÓPEZ FERREIRO
Un curso máis o Obradoiro de radio fóra do horario lectivo, contou coa colaboración de Agareso e de Rocío. Coma en convocatorias anteriores, centráronse en aspectos solidarios para tratar contidos no seu programa Onda solidaria.
Nesta ocasión, dezasete nenas e nenos que conformaron o grupo de radio, centráronse nun conto tradicional e cambiárono desde unha perspectiva de xénero.
Un exemplo de que a educación tamén pode ser transformadora:

NOS PROXECTOS TAMÉN SE FIXO RADIO ESCOLAR
O alumnado de sexto resultou gañador do Concurso de Proxectos de intercambios entre concellos de Galicia e Portugal_Eixo Atlántico.
E grazas a Lulu nas Ondas, gravouse unha entrevista con Isabel Morán profesora da USC de lingua e literatura portuguesas, a partires da cal derivaron o resto das actividades.
Queredes saber por que nos separamos Galiza e Portugal cando fomos durante séculos un mesmo territorio? Escoitade a entrevista...
E como queriamos programar os robots co programa segueliñas para percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro, tiñamos que saber algo máis sobre esta rota cultural...Desde cando se percorreu? Quedan restos que nos falan dun pasado histórico?
Escoitade a entrevista a Lourdes Maceiras, profesora da Universidade de Vigo, difusora e divulgadora deste Camiño.

Segundo programa da Onda Solidaria
Presentámosvos agora o segundo programa da Onda Solidaria. Falaremos do machismo e do maltrado animal. Non o perdades!
Primeiro programa da Onda Solidaria
O CEIP López Ferreiro convídavos a escoitar o seu primeiro programa de Onda Solidaria. Falaremos sobre temas como a pobreza ou os micromachismos. Escoitade atentamente!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)